Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres, ¡ai!, tan hermosa.
Cal si na infamia naceras,
torpe, de ti se avergonza,
i a nai que un fillo despreza
nai sin corazón se noma.
Naide por que te levantes
che alarga a man bondadosa;
naide os teus prantos erixuga,
i homilde choras e choras.
Galicia, ti non tes patria,
ti vives no mundo soia,
i a prole fecunda túa
se espalla en errantes hordas,
mentras triste e solitaria
tendida na verde alfombra
ó mar esperanzas pides,
de Dios a esperanza imploras.
Por eso anque en son de festa
alegre á gaitiña se oia,
eu podo decirche:
Non canta, que chora.
Rosalía de Castro.
Para todas aquelas persoas que non saben o ocurrido o fin de semana do 13 ao 15, Galicia, a miña terra querida, convertiuse nun inferno para todos nos. Dóeme profundamente saír pola ventá polas mañas e ver un páramo desolado, que días atrás inspiraba frescura e aroma a xuventude. Os meus campos arrasados por xente sen alma, que traicionou á súa terra por cartos, e que deixou tras de sí anos e anos de morte e vacío. Tanta xente desaloxada dos seus fogares, e tantos animais perdidos e confusos. Galicia, non debes chamarte nunca española, que españa de ti se olvida, pois Portugal estando nunha situación peor ca nos, axudou máis co noso país. Galicia é o pobo galego, que somos os únicos que nos sacamos as castañas do lume. Por primeira vez en moito tempo, vin a afouteza dos galegos para loitar unidos polo noso. E iso, danos forzas para coninuar. Non deixaremos que ninguén desprecie o noso, porque somos galegos, e valemos ouro.
Vouvos deixar aquí un vídeo que, persoalmente, paréceme de moito interese porque toca dous temas moi importantes, e aínda que a primeira vista non pareza que estén relacionados, o están, e moito. Na miña opinión, eu xamáis podería haber expresado mellor os meus ideais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario